Veciño,
contra as cortas de

SEAGA

Un exemplo para describir o absurdo

IMAXINAR unha EMPRESA, dedicada a prestar Servizos de Grúa para a recollida de coches, que se presenta no CONCELLO propoñendo un CONVENIO que outorga á EMPRESA a EXECUCIÓN SUBSIDIARIA da retirada dos coches mal aparcados.

O CONVENIO está redactado pola propia EMPRESA que, ademais de retirar os coches, encargarase de fixar as zonas onde non se pode aparcar, aforrándolle ao CONCELLO o esforzo económico e financeiro que supón este traballo. O CONCELLO asina o CONVENIO porque se quita do medio o problema dos coches mal aparcados sen destinar fondos do orzamento municipal.

Co acordo asinado a EMPRESA decide as zonas onde non se pode aparcar e procede a retirar e a APROPIARSE dos coches aparcados nestas zonas para VENDELOS a terceiros.

Aos propietarios que protestan a EMPRESA lles di que por RESOLUCIÓN do CONCELLO teñen outorgada a EXECUCIÓN SUBSIDIARIA para levarse os coches e mellor que non protesten non fora ser que, enriba de quedar sen coche, teñan que pagar a multa e os custos da retirada do vehículo. E para intimidar aos propietarios que non se creen o conto a EMPRESA require a presenza da Policía.

É de Perogrullo o absurdo de expropiar coches por estar mal aparcados. Inda mais absurdo é que a empresa concesionaria decida onde está prohibido aparcar e que coches vai retirar. Pero todavía é mais absurdo que a EMPRESA venda os coches que retira quedándose co diñeiro da venda.

O certo é que a propiedade privada é un dereito recoñecido pola Constitución e a Unión Europea. Os coches son bens de propiedade privada e se se retiran deberán quedar en depósito ao dispor do titular. E só se o titular non retirase o coche do depósito pagando as multas, procedería o embargo de bens para saldar a débeda, pero nunca a expropiación forzosa e menos para que se lucre unha empresa, sexa pública ou privada.

gondomar

moito
por
descubrir

O que están a facer en liñas xerais

Ao parecer SEAGA presentouse no CONCELLO DE GONDOMAR cun CONVENIO, feito pola propia empresa, no que define as faixas secundarias de actuación e a madeira a retirar das fincas que son propiedade dos veciños, co argumento de que é obrigatorio pola Lei 3/2007 de Prevención de Incendios de Galicia.

Asinado o acordo, SEAGA procede coa EXECUCIÓN SUBSIDIARIA e, sin autorización xudicial nin permiso dos propietarios, entra nas fincas dos veciños e se APROPIA da madeira sen pagar para VENDERLLA a terceiros.

Aos propietarios que protestamos, SEAGA nos di que por RESOLUCIÓN do CONCELLO teñen outorgada a EXECUCIÓN SUBSIDIARIA para levarse a madeira das nosas fincas. E para intimidarnos require a presenza policial e ameaza dicindo que mellor non protestemos non fora ser que, por enriba de quedar sen a madeira, teñamos que pagarlles a multa e os custos da corta.

Os propietarios dicimos que o procedemento de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA non confire o dereito a entrar en fincas de propiedade privada sen autorización xudicial ou do propietario, e moito menos para apropiarse dos bens que nesta se atopan para satisfacer o ánimo de lucro dunha sociedade mercantil, sexa pública ou privada. Polo tanto as cortas de SEAGA poderían non estar axustadas á legalidade.

somosunmonte_logo

Esta web é para informar aos veciños sobre as cortas de SEAGA, que se está a apropiar da madeira que atopa en fincas privadas nas que entra sen autorización e co beneplácito da XUNTA DE GALICIA e os Concellos.

COUSAS QUE IMOS SABENDO

Máis de 10 millóns de euros nas faixas de Gondomar para SEAGA.

SEAGA ten a exclusividade nos convenios de colaboración do Sistema público de xestión de biomasa en faixas secundarias. No Concello de Gondomar non se atopa que se faga público o convenio e o Plan de Prevención de Incendios non inclúe un Plan financeiro Canto se embolsará SEAGA?

Leer más
Ejecución Forzosa

A execución forzosa

A empresa SEAGA, vestida coa imaxe da Xunta DE GALICIA, entra en leiras privadas para levar a madeira sen pagar por EXECUCIÓN FORZOSA co procedemento de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA. Que é isto?

Leer más
Que non te asoballen. Bota unha man

XUNTOS FACEMOS MÁIS