Cando as barbas do veciño vexas cortar por as túas a remollar.

Entraron na finca sen autorización, ignoraron a petición de que sairan da finca e, tras ameazar con multas e costas da corta marcharon coa madeira deixando os tocos e o ramallo tirado polo chan.
Que non te asoballen. Bota unha man
XUNTOS FACEMOS MÁIS
Participa
CÓNTALLO A TODOS.
O obxectivo desta web é informar aos veciños para axudarlles a defender os seus dereitos frente as cortas de SEAGA, que se está a apropiar da madeira que atopa nas fincas privadas ás que entra sen autorización para vendela e beneficiarse co beneplácito da XUNTA DE GALICIA e os Concellos.
Canto máis informados estemos menos nos van a asoballar.
Cóntallo a todos, divulga os contidos desta web, dalle visibilidade nas túas redes socias, fala cos veciños. Deixámoste este arquivo para que o descargues, o imprimas e o coloques na túa rúa, barrio ou parroquia.
APORTA O QUE SABES.
Esta web faise sen ánimo de lucro e sen financiación, só co saber facer dos que participan.
O teu coñecemento vale moito. Non queremos cartos. Infórmanos do que sabes: fai fotos, videos e faínolos chegar. Cóntanos o que che pasou, o que che está pasando ou o que che preocupa porque nos interesa sabelo e que todo o mundo o sepa.
SOMOS FORMIGAS, TEMOS QUE SER FORMIGUEIRO . Ter moi claro que nin á Administración nin a SEAGA lles interesa que os veciños compartamos información, porque canto máis informados estemos maior será nosa a capacidade para ser un formigueiro que lles plante cara pola defensa dos nosos dereitos.
ÚNETE Á ACCIÓN COLECTIVA.
Que non te asoballen. A nosa intención é defender o noso dereito que é o de todos. Non tes por qué unirte pero cantos máis sexamos maior será a capacidade para defender o dereito de todos.
