Os responsables de SEAGA ameazan con SANCIONAR aos propietarios que protestan contra esta empresa que entra, corta e aprópiase da madeira que hai nas leiras.
Os responsables de SEAGA que, sen autorización xudicial, entraron en leiras privadas dos veciños do Concello de Gondomar para cortar e apropiarse sen pagar da madeira que atopan, ante a presenza dos propietarios que protestan e piden que abandonen a leira, responden ameazando coa imposición de sancións ademais de quedar sen a madeira. Argumentan interese lexítimo en aplicación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia respecto ás Redes secundarias de faixas de xestión de biomasa.
En aplicación da Lei non parece que isto sexa así.
Primeiro o artigo 53.bis da Ley 3/2007, de 9 de abril, de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia dispón
1. Si los infractores no procediesen a la reparación o indemnización, de acuerdo con lo establecido en la presente Ley, y una vez transcurrido el plazo señalado en el requerimiento correspondiente, la persona instructora del procedimiento u órgano encargado de la resolución podrá acordar la imposición de multas coercitivas o la ejecución subsidiaria.
2. Las multas coercitivas serán reiteradas por lapsos de tiempo que sean suficientes para cumplir lo ordenado, no superando la cuantía de cada una de dichas multas el 20 % de la multa fijada por la infracción cometida.
3. La ejecución subsidiaria de la reparación ordenada será a costa del infractor.
Enténdese que o instrutor do procedemento debe decidir entre dúas opcións
- Poñer a multa coercitiva
- Facer a execución subsidiaria
Polo tanto, a Administración ou sanciona ou aplica ou procedemento de execución subsidiara pero a Lei non di que se poidan pode facer as dúas cousas. En consecuencia non cabe multar tras a execución subsidiaria.
Por outra banda, puntualizar que o Artigo 54 Norma establece os órganos a atribúeos a competencia sancionadora e non parece que SEAGA sexa competente para sancionar. Agora ben, se o fose, habería que explicar por que desde a XUNTA DE GALICIA atribúese a esta sociedade mercantil, por extensión ás partes vinculadas, a competencia para sancionar sabendo que a empresa ten interese en apropiarse, sen pagar, de bens privados que son obxecto do seu ánimo de lucro.
Dito isto, e tendo en conta a participación activa de SEAGA, débese entender que a empresa sabe que nin é competente para sancionar nin cabe multar tras a execución subsidiaria pola que optou o instrutor. Percíbese que SEAGA emprega as sancions coa intención de coaccionar ao propietario e obrigalo a retirarse da súa propia leira polo medo ao que lle poida pasar e require a presenza policial para reforzar a intimidación (sobran veciños en Gondomar que están a actuar polo temor a perder os seus bens).
O que fai SEAGA só pódese entender como unha mala praxe coa intención de que o propietario recúe e non impida que a empresa se apropie das árbores existentes na leira.
Dito isto debemos facer unha puntualización: o incumprimento da xestión de biomasa en redes secundarias está tipificado como Infracción en materia de incendios forestais no Artigo 50 da Lei 3/2007. A seguir, da lectura do Artigo 51, enténdese que a infracción debe ser cualificada como leve. E para determinar a contía da sanción enténdese que é de aplicación o Artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de Montes que di que as infraccións leves sancionaranse con multa de 100€ a 1.000€ coa debida proporcionalidade (grao de culpa, reincidencia, beneficio económico,…)
Tamén cabe dicir que D. Brais Misa García, Concelleiro de Medio Ambiente e Transición económica do Concello de Gondomar no «ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obrigación de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas» que asinou e publicou no DOG Nº 215 do 9 de novembro de 2021 nas dúas últimas páxinas aclara quen é o órgano competente, cualifica como leve a infracción e aclara que a multa máxima será de 1.000€
Polo tanto, podería impoñerse unha sanción ao propietario con anterioridade á execución subsidiaria que, en teoría, actualmente estaría en vía executiva posiblemente iniciado o procedemento de embargo o que nos leva a facernos estas preguntas:
1º) Procedendo a imposición de sanción que estaría en vía executiva, polo incumprimento que motiva o publicado no DOG Nº 215 o CONCELLO DE GONDOMAR vai continuar coa vía executiva, no seu caso o procedemento de embargo, da sanción máis as recargas de constrinximento que se presupón imposta e correspondería pagar aos propietarios das 3004 leiras relacionadas no DOG de 2021?.
Dado a contía da sanción estamos a falar de ingresos nas arcas municipais entre 300.400€ e 3.000.400€ sen ter en conta as recargas e intereses de mora. Se as multas están impostas e non se cobran haberá que preguntarlle ao Interventor, ao Tesoureiro e ao Alcalde polo interese público que motiva a condonación da débeda dos incumpridores coa xestión das faixas secundarias de actuación. Teñamos claro que o CONCELLO DE GONDOMAR, segundo a información que publica no portal de transparencia ten 7,5 Millóns de euros en gasto orzado, condonar Ingresos por 3 Millóns de euros é moito condonar.
2º) Hai outra lectura que emana da praxe dos encargados de SEAGA: Como a empresa ten interese económico na madeira e sabe que para entrar en leiras privadas cunha EXECUCIÓN FORZOSA necesita unha autorización xudicial ou autorización do propietario que non ten, cabe ameazar con multar tras a execución subsidiaria aos veciños que protestan?.
A cousa é que todos somos iguais ente a Lei e non cabe que a Administración sancione a unha persoa que protesta en prol dos seus dereitos, discriminándoa doutras que, incorrendo na mesma falta administrativa, non protestan.
3º) Por qué o Concelleiro Sr. Brais Misa no ANUNCIO que asina e publica no DOG nº 215 en relación á Execución Subsidiaria di «4º. En caso de persistencia en el incumplimiento y transcurrido el plazo otorgado, se iniciará también el correspondiente procedimiento sancionador según lo previsto en el título VII de la Ley 3/2007:» sabendo que o Artigo 53 está no titulo VII deixando claro que non cabe iniciar o procedemento sancionador e ao mesmo tempo proceder coa Execución Subsidiaria?
Se entendemos que o ANUNCIO foi redactado por SEAGA con interés de lucro, que o Concelleiro non comprende o que firmou e o medo dos veciños ao ler nun DOG que despóis de sacarlle a madeira terán que pagar unha multa pois está claro que ten efecto cohercitivo.
En resumo, non parece que se axuste á Lei multar tras a EXECUCIÓN SUBSIDIARIA, o que non quita que existan sancións en vía executiva. Tamén que parece que nin a CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL da XUNTA DE GALICIA nin o CONCELLO DE GONDOMAR atenderon ao principio de proporcionalidade nin botaron contas do alcance do que está a facer SEAGA.
“ENCIMA DE BURROS, APALEADOS”