Neste momento estás a ver A execución forzosa

A execución forzosa

A empresa SEAGA, vestida coa imaxe da Xunta DE GALICIA, entra en leiras privadas para levar a madeira sen pagar por EXECUCIÓN FORZOSA co procedemento de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA. Que é isto?

Superada a sorpresa inicial, calquera veciño sentirase atemorizado ao atopar na súa leira a un grupo homes que non coñece de nada, armados de motoserras e machadas cortando a madeira que estivo a coidar durante anos.

A primeira impresión será que lle están roubando uns delincuentes e pola pinta parecen perigosos co que extremará as precaucións ante o que poida pasar.

Cando descobre que un deses homes viste uniformado con distintivos da XUNTA DE GALICIA, ao temor súmaselle a curiosidade e quizá a indignación polos intrusos que entraron na súa propiedade e están a causar danos.

Ao achegase a informarlles que están nunha leira privada e pedirlles que a abandonen, se os intrusos responden requirindo a presenza policial, negándose a abandonar a leira co argumento de que son da XUNTA DE GALICIA e están a proceder en EXECUCIÓN FORZOSA a retirar a madeira por orde do CONCELLO, que ademais lle vai a impoñer unha multa e as costas da talla por incumprir a Lei de Prevención de Incendios de Galicia, as emocións do veciño burbullarán desde a estupefacción e o desconcerto ao medo e a frustración pola impotencia de non entender o que está a pasar, de percibir que están a violar os seus dereitos e de non saber que facer ante o numeroso grupo de homes e a Policía que podería poñerlle as esposas.

Humillado e angustiado o veciño abandonará a súa propiedade, chistando no convencemento de que lle están expropiando e non pode facer nada para evitalo. Canto maior sexa o descoñecemento do veciño, maior será a humillación e a angustia e o convencemento de que home que viste con roupa da Xunta DE GALICIA está a roubarlle en presenza da Policía.

Para alguén que viste cos logotipos da XUNTA DE GALICIA e dallas de AUTORIDADE acompañado da Policía, é moi fácil confundir ao veciño que non sabe que é unha EXECUCIÓN FORZOSA e facer crer que está a ser obxecto dunha EXPROPIACIÓN FORZOSA.

Pero o certo é que a EXECUCIÓN FORZOSA non é EXPROPIACIÓN FORZOSA nin substitúe a esta e o home que se viste cos logotipos da Xunta DE GALICIA non unha autoridade pública senón un simple traballador por conta da empresa SEAGA.

A EXPROPIACIÓN FORZOSA é un procedemento polo que a Administración Pública pode quitar ao cidadán o dereito á propiedade sobre un ben con motivo da utilidade pública ou interese social que ten ese ben. Está regulada pola Lei de Expropiación forzosa e leva pagarlle ao cidadán a perda do ben expropiado.

A EXECUCIÓN FORZOSA é unha facultade recoñecida á Administración Pública para, previo apercibimento, executar o resolto en procedemento administrativo que o obrigado non executa. Vén regulada pola Lei de Procedemento Administrativo Común e leva que o cidadán pague por non executar a obrigación apercibida.

Poñamos un exemplo: Unha casa privada que é necesario derrubar para construír unha estrada e o propietario non quere entregar, pola utilidade pública que ten a estrada procédese coa EXPROPIACIÓN FORZOSA indemnizando ao propietario pola perda do ben. Unha casa privada con risco de derrube que a Administración resolve debe derrubarse e o propietario non quere, a Administración poderá proceder coa EXECUCIÓN FORZOSA da derriba, xa sexa obrigando ao propietario ou facéndoo a propia Administración e en todo caso o propietario pagará as costas da derriba sen dereito a ser indemnizado.

Por tanto, aínda que EXECUCIÓN FORZOSA e EXPROPIACIÓN FORZOSA soen parecido son moi diferentes.

O que está a facer SEAGA en Gondomar é unha EXECUCIÓN FORZOSA para retirar a madeira de determinadas árbores que atopa nunha franxa de 50 metros ao redor de núcleo urbano. Cousa distinta é se o que fai é o adecuado e se o está facendo ben.

A EXECUCIÓN FORZOSA está regulada pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O artigo 99 desta Lei faculta á Administración para proceder coa EXECUCIÓN FORZOSA co requisito do apercibimento previo ao obrigado. No Artigo 100 establécense os medios de execución forzosa que son catro:

  • A PREMA SOBRE O PATRIMONIO, é a capacidade que ten a Administración para facerse cos bens propiedade dunha persoa para liquidar unha débeda coa Administración
  • A EXECUCIÓN SUBSIDIARIA, consiste en que a Administración asuma a execución do que o obrigado non fai. Para iso pode contratar a un terceiro para que o faga.
  • A MULTA COERCITIVA, consiste na imposición periódica ao obrigado dunha multa de contía crecente ata que cumpra coa súa obrigación.
  • A COMPULSIÓN SOBRE AS PERSOAS, consiste en obrigar a unha persoa para facer o resolto e apóiase nas forzas e corpos de seguridade do Estado (p.e. desaloxar a alguén).

Para saber máis véxase este vídeo.

E neste outro vídeo explica o procedemento de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA

O funcionamento cada medio EXECUCIÓN FORZOSA está regulado pola Lei de Procedemento Administrativo e non hai máis medios que estes. Se a Administración Publica vén con outros medios ou con cousa distinta non cabería entendelos como procedementos de EXECUCIÓN FORZOSA.

A obrigación que nos ocupa é a xestión de biomasa en faixas secundarias. A Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, no seu Artigo 21 define as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa establecendo, con carácter xeral, que é nunha franxa de 50 metros perimetral a chan urbano na que non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira.

O Artigo 21 ter establece que os responsables de xestionar esta biomasa serán as persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento.

O Artigo Artigo 7.e) dispón que se os obrigados non cumpren é competencia do CONCELLO «Xestionar as redes secundarias de faixas de xestión da biomasa e as faixas laterais das redes viarias da súa titularidade…». E no Artigo Artigo 7.d) puntualiza a competencia dicindo «… e de forma máis concreta a ordenación e execución subsidiaria da xestión da biomasa nos termos dos artigos 21, 22 e 23 da presente lei, contando para iso coa colaboración técnica e/o económica da Xunta de Galicia nos termos previstos no artigo 59 da presente Lei, conforme o establecido no artigo 331.1 da Lei 5/1997, do 5 de agosto, de Administración local de Galicia». Por tanto, corresponde ao CONCELLO xestionar a biomasa que o obrigado non xestiona e en principio poderá utilizar a EXECUCIÓN SUBSIDIARIA como procedemento de EXECUCIÓN FORZOSA para facelo.

Sucede que a Xunta DE GALICIA é moi activa nas modificacións que fai do Artigo 22 para adaptar o Procedemento para a xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas. Así na modificación que fai o 30.12.2022 con entrada en vigor o 01.01.2023 engade a MULTA COERCITIVA.

Polo tanto, se o obrigado non cumpre coa xestión da biomasa en faixas secundarias, é competencia do CONCELLO facelo e para iso poderá utilizar estes dous métodos de EXECUCIÓN FORZOSA

  • A EXECUCIÓN SUBSIDIARIA que podería encargar a terceiros
  • A MULTA COERCITIVA desde 01.01.2023.

Unha cuestión importante é a entrada nas leiras e a talla de árbores. O artigo 100.3 da Lei de procedemento administrativo establece que «Si fuese necesario entrar en el domicilio del afectado o en los restantes lugares que requieran la autorización de su titular, las Administraciones Públicas deberán obtener el consentimiento del mismo o, en su defecto, la oportuna autorización judicial». É dicir a Administración non podería entrar nas leiras sen autorización do propietario nin autorización xudicial.

Respecto a facelo ben:

  1. É un procedemento administrativo, co requisito previo de notificar. A notificación realizada en GONDOMAR é cando menos de efectividade dubidosa.
  2. Hai que notificar ao obrigado que segundo a Lei 3/2007 son “as persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento”. Más concretamente hai que notificar aos propietarios das árbores porque a norma di que “A retirada de especies arbóreas realizarase polas persoas propietarias das mesmas” e o propietario da leira pode non ter o usufruto da mesma.
  3. En EXECUCIÓN SUBSIDIARIA, non se pode entrar en leiras privadas sen consentimento do titular.
  4. En EXECUCIÓN SUBSIDIARIA, non se pode entrar en leiras privadas sen autorización xudicial.
  5. Os gastos da EXECUCIÓN SUBSIDIARIA serán por conta do obrigado e poderá motivar a PREMA SOBRE O PATRIMONIO pero non a EXPROPIACIÓN e menos o COMISO dos bens. A PREMA SOBRE O PATRIMONIO poderá iniciar o PROCEDEMENTO DE EMBARGO e na execución do embargo é de aplicación o disposto no Artigo 584 de la Ley 1/2000, do 7 de xaneiro, de Enjuiciamiento Civil polo que non se embargarán bens cuxo valor exceda o importe para executar para liquidar a débeda.
  6. Está a usarse a EXECUCIÓN FORZOSA para encubrir o que en esencia é unha EXPROPIACIÓN FORZOSA en prol do lucro económico dunha mercantil.
  7. Unha plantación de piñeiros non é unha non é unha plantación de droga. O COMISO corresponde ao ámbito penal e non ao ámbito do procedemento administrativo común.
  8. Hai que axustarse ao principio de proporcionalidade. SEAGA está a apropiarse de madeira cuxo valor de mercado excede o custo que publican para a execución subsidiaria.
  9. SEAGA é unha mercantil con ánimo de lucro cos privilexios que lle outorga o recoñecemento de “medio propio personificado” na Lei de Contratos do Sector Público. Por que a Lei 3/2007 outórgase a SEAGA a exclusividade do negocio millonario que supón xestionar a madeira das faixas de actuación dos CONCELLO de GALICIA?, está a mercantil suxeita a control por parte da Intervención Xeral da XUNTA DE GALICIA?
  10. SEAGA podería estar a alterar o prezo de equilibrio de mercado da madeira que obtén sen pagar.