SEAGA entra en leiras privadas para cortar e levar a madeira sen pagar, sen o consentimento do propietario e sen autorización xudicial. Di que pode facelo porque procede en EXECUCIÓN FORZOSA por orde do CONCELLO para cumprir coa Lei 3/2007. Pode facelo?
A empresa pública SEAGA está a entrar en leiras privadas do CONCELLO DE GONDOMAR para tallar e levar a madeira sen pagar.
Cando se lles pregunta responden, requirindo a presenza policial, co argumento de que a leira se atopa na faixa secundaria de 50 metros perimetral ao chan urbano e que, en aplicación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o propietario da leira está obrigado a xestionar a biomasa retirando as especies sinaladas na disposición adicional terceira da devandita norma. Como o propietario non xestionou a biomasa, correspóndelle facelo ao CONCELLO DE GONDOMAR en EXECUCIÓN FORZOSA co procedemento de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA. Para iso asinou un CONVENIO DE COLABORACIÓN con SEAGA e mostran unha Resolución que asina o Concelleiro de Medio Ambiente, Transición Ecolóxica e Voluntariado do Concello de Gondomar.
Non se atopa publicado ao dispor dos veciños nin o convenio nin a resolución polo que descoñecemos o seu contido.
Respecto á entrada na leira argumentan que non necesitan autorización e o propietario non pode impedilo porque así o dispón a Lei 3/2007 de Prevención de Incendios de Galicia.
Diriximos instancia á CONSELLERIA DO MEDIO RURAL da Xunta DE GALICIA solicitando información sobre o particular. Respondeu, substituíndo á Consellería, o Apoderado do Consello de Administración de SEAGA dicindo «Así mesmo, segundo ou disposto non artigo 22.6, dá Lei 3/2007, do 9 de abril (actualmente non artigo 22.9, desta lei), a execución subsidiaria dá xestión dá biomasa non requirirá NINGUNHA autorización, e as persoas responsables están obrigadas a facilitar vos accesos necesarios».
O que asevera o apoderado de SEAGA non é certo en base ao seguinte razoamento:
- A EXECUCIÓN SUBSIDIARIA é un procedemento de EXECUCIÓN FORZOSA regulado pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Na Exposición de Motivos II aclara que a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas é unha Lei de mínimos, que regula os dereitos e garantías mínimas que lles corresponden a todos os cidadáns do territorio español respecto a a actividade administrativa. O seu carácter común resulta da súa aplicación a todas as Administracións Públicas e respecto a todas as súas actuacións.
- Artigo 2 desta Lei establece o ámbito de aplicación que abarca a Administración Xeral do Estado, as Administracións das Comunidades Autónomas, as entidades que integran a Administración Local e o Sector Público institucional.
- Polo anterior a XUNTA DE GALICIA e o CONCELLO DE GONDOMAR están obrigados a cumprir os mínimos que establece a Lei 39/2015 con carácter común aos procedementos administrativos.
- Para os procedementos de EXECUCIÓN FORZOSA o Artigo 100 da Lei 39/2015 establece que “Se fose necesario entrar no domicilio do afectado ou nos restantes lugares que requiran a autorización do seu titular, as Administracións Públicas deberán obter o consentimento do mesmo ou, na súa falta, a oportuna autorización xudicial”. Dado que a Lei 39/2015 recolle os dereitos e garantías mínimas que lles corresponden a todos os cidadáns respecto á actividade administrativa, é un mínimo esixible, que obriga a todas as Administracións Públicas, obter o consentimento do titular ou, na súa falta, autorización xudicial nos procedementos de EXECUCIÓN FORZOSA, incluíndo a EXECUCIÓN SUBSIDIARIA, para entrar no domicilio do afectado ou nos restantes lugares que requiran autorización.
A entrada nunha leira privada é un lugar que require autorización. En consecuencia, a XUNTA DE GALICIA e/ou o CONCELLO DE GONDOMAR deberán obter o consentimento do titular ou, na súa falta, autorización xudicial nos procedementos de EXECUCIÓN FORZOSA que impliquen a entrada en leiras privadas.
- O Artigo 22.9 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia ao que se refire o Apoderado de SEAGA, atendendo ao que se publica no BOE, dispón: « En los supuestos de ejecución subsidiaria, la persona responsable está obligada a facilitar los accesos necesarios a los sujetos que acometan los trabajos de gestión de la biomasa y retirada de especies arbóreas prohibidas. En todo caso, la aministración y sus agentes y colaboradores podrán acceder a los montes, terrenos forestales y otros terrenos incluidos en las fajas de gestión de la biomasa para realizar los trabajos necesarios de gestión de la biomasa y retirada de especies arbóreas prohibidas, sin que sea preciso el consentimiento de su titular, salvo en aquellos supuestos excepcionales en que el acceso afecte, dentro de la parcela, a espacios físicos susceptibles de merecer la calificación de domicilio a los efectos del artículo 18.2 de la Constitución, caso en el que deberá pedirse la correspondiente autorización judicial para la entrada en ellos si no se cuenta con la autorización de su titular»
A Lei 3/2007 di “sen que sexa preciso o consentimento do seu titular” sen excluír que sexa preciso obter a oportuna autorización xudicial cumprindo co mínimo que se establece na Lei de Procedemento Administrativo Común.
En conclusión, o que di o Apoderado do Consello de Administración de SEAGA, que responde substituíndo á CONSELLERIA DO MEDIO RURAL da Xunta DE GALICIA, non é certo porque, aínda que a Lei 3/2007 diga que se pode acceder ás leiras para realizar traballos en EXECUCIÓN SUBSIDIARIA sen que sexa preciso o consentimento do titular, SEAGA debería dispoñer de autorización xudicial para entrar en leira privada a cortar e retiradar da madeira, cumprindo coa obrigación que establece o procedemento administrativo común respecto a os dereitos e garantías mínimas que lles corresponden a todos os cidadáns do territorio español respecto a a actividade administrativa.