Neste momento estás a ver A XUNTA  DE GALICIA excede súa competencia lexislativa en procedemento administrativo
Tala de SEAGA en Chaín

A XUNTA DE GALICIA excede súa competencia lexislativa en procedemento administrativo

SEAGA entra en leiras privadas e leva a madeira sen pagar dicindo que a execución subsidiaria da xestión da biomasa non requirirá NINGUNHA autorización. Sucede que a XUNTA  excede súa competencia lexislativa ao eliminar consentimento do propietario coa Lei 3/2007

A XUNTA DE GALICIA excede súa competencia lexislativa ao modificar o procedemento administrativo común minorando os dereitos e garantías mínimas que lles corresponden a todos os cidadáns do territorio español, deixando de atender as obrigacións mínimas que ten a Administración Autonómica e Local respecto á actividade administrativa.

A EXECUCIÓN SUBSIDIARIA é un medio de EXECUCIÓN FORZOSA previsto na Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común coa finalidade de que o obrigado cumpra o Resolto pola Administración Pública. Para proceder cunha EXECUCIÓN SUBSIDIARIA que implique acceder ao domicilio do afectado ou aos restantes lugares que requiran a súa autorización, a norma obriga á Administración a dispoñer de autorización xudicial ou consentimento do titular.

A empresa SEAGA está a entrar sen autorización en leiras privadas do CONCELLO DE GONDOMAR para cortar e levar a madeira sen pagar. Argumentan que, en aplicación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o propietario da leira está obrigado a xestionar a biomasa retirando as especies sinaladas na disposición adicional terceira da devandita norma. Se o propietario non cumpre a obrigación corresponde ao CONCELLO DE GONDOMAR proceder en EXECUCIÓN SUBSIDIARIA, para o que asinou un CONVENIO DE COLABORACIÓN con SEAGA

En virtude deste convenio e da Lei 3/2007 de Prevención de Incendios, SEAGA di que non necesita o consentimento do propietario para entrar na leira e levar a madeira. Para aclaralo diriximos instancia á CONSELLERIA DO MEDIO RURAL da XUNTA DE GALICIA solicitando información sobre o particular. Substituíndo á Consellería, respondeu o Apoderado do Consello de Administración de SEAGA dicindo:

«Así mesmo, segundo o disposto no artigo 22.6, da Lei 3/2007, do 9 de abril (actualmente no artigo 22.9, desta lei), a execución subsidiaria da xestión da biomasa non requirirá NINGUNHA autorización, e as persoas responsables están obrigadas a facilitar os accesos necesarios».

Efectivamente o Artigo 22.9 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ao que se refire o Apoderado de SEAGA, atendendo ao que se publica no BOE, dispón:

«9. En los supuestos de ejecución subsidiaria, la persona responsable está obligada a facilitar los accesos necesarios a los sujetos que acometan los trabajos de gestión de la biomasa y retirada de especies arbóreas prohibidas. En todo caso, la aministración y sus agentes y colaboradores podrán acceder a los montes, terrenos forestales y otros terrenos incluidos en las fajas de gestión de la biomasa para realizar los trabajos necesarios de gestión de la biomasa y retirada de especies arbóreas prohibidas, SIN QUE SEA PRECISO EL CONSENTIMIENTO DE SU TITULAR, salvo en aquellos supuestos excepcionales en que el acceso afecte, dentro de la parcela, a espacios físicos susceptibles de merecer la calificación de domicilio a los efectos del artículo 18.2 de la Constitución, caso en el que deberá pedirse la correspondiente autorización judicial para la entrada en ellos si no se cuenta con la autorización de su titular»

Xurde o conflito respecto a si é de aplicación a Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común ou a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia porque son normasco mesmo rango xurídico. Este conflito aclárase na Exposición de motivos II da Lei 39/2007 que di:

«[…] A ello cabe añadir que el artículo 149.1.18.ª de la Constitución Española atribuye al Estado, entre otros aspectos, la competencia para regular el procedimiento administrativo común, sin perjuicio de las especialidades derivadas de la organización propia de las Comunidades Autónomas, así como el sistema de responsabilidad de todas las Administraciones Públicas.

De acuerdo con el marco constitucional descrito, la presente Ley regula los derechos y garantías mínimas que corresponden a todos los ciudadanos respecto de la actividad administrativa, tanto en su vertiente del ejercicio de la potestad de autotutela, como de la potestad reglamentaria e iniciativa legislativa.

Por lo que se refiere al procedimiento administrativo, entendido como el conjunto ordenado de trámites y actuaciones formalmente realizadas, según el cauce legalmente previsto, para dictar un acto administrativo o expresar la voluntad de la Administración, con esta nueva regulación no se agotan las competencias estatales y autonómicas para establecer especialidades «ratione materiae» o para concretar ciertos extremos, como el órgano competente para resolver, sino que su carácter de común resulta de su aplicación a todas las Administraciones Públicas y respecto a todas sus actuaciones. Así lo ha venido reconociendo el Tribunal Constitucional en su jurisprudencia, al considerar que la regulación del procedimiento administrativo común por el Estado no obsta a que las Comunidades Autónomas dicten las normas de procedimiento necesarias para la aplicación de su Derecho sustantivo, siempre que se respeten las reglas que, por ser competencia exclusiva del Estado, integran el concepto de Procedimiento Administrativo Común con carácter básico.».

A Lei de 39/2015 é unha Lei de mínimos. Establece os dereitos e as garantías mínimas que lles corresponden a todos os cidadáns no procedemento administrativo común. O Artigo 2 desta Lei establece que o seu ámbito de aplicación abarca a Administración Xeral do Estado, as Administracións das Comunidades Autónomas, as entidades que integran a Administración Local e o Sector Público institucional.

Polo artigo 149.1.18.ª da Constitución Española corresponde ao ESTADO ESPAÑOL a competencia para regular o procedemento administrativo común. As Comunidades Autónomas son competentes para ditar normas de procedemento administrativo que sexan necesarias para a aplicación do seu Dereito substantivo, sempre que se respecten as regras que, por ser competencia exclusiva do Estado, integran o concepto de Procedemento Administrativo Común con carácter básico.

En prol da seguridade xurídica, a Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común é de aplicación xeral ao territorio nacional e non cabe cambiar o marco básico dos procedementos administrativos en favor dos intereses particulares dun territorio autonómico concreto. Polo tanto, a XUNTA  DE GALICIA non é competente para modificar as obrigacións mínimas establecidas para todas as Administracións Públicas no marco do procedemento administrativo común, e moito menos menoscabando os dereitos e garantías mínimas que lle corresponden a todos os cidadáns respecto á actividade administrativa. A competencia para regular estas obrigacións, dereitos e garantías mínimas corresponde ao ESTADO ESPAÑOL.

A regulación básica dos procedementos de EXECUCIÓN FORZOSA recóllese na Lei 39/2015 e debe ser aplicada por igual en todo o territorio español. Para estes procedementos o Artigo 100 da Lei 39/2015 establece que “Si fuese necesario entrar en el domicilio del afectado o en los restantes lugares que requieran la autorización de su titular, las Administraciones Públicas deberán obtener el consentimiento del mismo o, en su defecto, la oportuna autorización judicial”. Dado que a Lei 39/2015 recolle os dereitos e garantías mínimas que lles corresponden a todos os cidadáns respecto á actividade administrativa, é un mínimo esixible, que obriga a todas as Administracións Públicas, obter o consentimento do titular ou, na súa falta, autorización xudicial nos procedementos de EXECUCIÓN FORZOSA, incluíndo a EXECUCIÓN SUBSIDIARIA, para entrar no domicilio do afectado ou nos restantes lugares que requiran autorización.

Na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais a XUNTA DE GALICIA eliminou o consentimento do titular nos supostos de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA para acceder a leiras de titularidade privada en traballos de xestión de biomasa. Ao facelo minorou os dereitos e garantías mínimas que lle corresponden a todos os cidadáns no procedemento de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA e coa mesma a XUNTA DE GALICIA e os CONCELLOS deixan de cumprir cunha obrigación mínima das que lle corresponden no devandito procedemento.

Sucede que a XUNTA DE GALICIA excede súa competencia lexislativa na Lei 3/2007 de Prevención de Incendios ao modificar os dereitos e garantías mínimas que lle corresponden a todos os cidadáns no procedemento de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA, en consecuencia o lexislado debería ser declarado NULO ou ANULABLE con todas as consecuencias que se derivan do actuado en EXECUCIÓN FORZOSA.

A eliminación do consentimento recollida en Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia introduciuse coa modificación do Artigo 22 que se fixo coa Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e entrou en vigor o 01.01.2018. Unha cuestión peculiar é que coa mesma tamén se modificou o procedemento de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA para utilizalo coa finalidade de comisar especies arbóreas.

O COMISO é do ámbito penal (Artigo 127 do Código penal). Unha plantación de eucaliptos non é unha plantación de marihuana.

Por outra banda, os medios de EXECUCIÓN FORZOSA non cabe utilizalos para o COMISO. En particular ao obrigado pola EXECUCIÓN SUBSIDIARIA poderáselle reclamar co límite do resarcimento do custo do procedemento e, no seu caso, con PREMA SOBRE O PATRIMONIO que á súa vez está limitado á existencia dunha débeda certa, vencida e esixible e, ante o embargo, coa aplicación do Artigo 584 de Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil. En román paladino, non cabe modificar o procedemento de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA para apropiarse de bens de titularidade privada, e inda menos apropiarse de bens cuxo valor de mercado excede os custos do procedemento forzoso sen iniciar a vía de prema. Os eucaliptos, piñeiros e acacias dos que se apropia SEAGA non son “toxos, xestas, silvas e fentos”

En consecuencia, a XUNTA DE GALICIA excede súa competencia lexislativa na Lei 3/2007 ao modificar o procedemento de EXECUCIÓN SUBSIDIARIA engadíndolle o COMISO coa finalidade de apropiarse de madeira cuxo valor de mercado excede os custos do procedemento.

A empresa SEAGA inclúese na Lei 3/2007 ao ano seguinte para beneficiala coa exclusividade nos CONVENIOS DE COLABORACIÓN, que os CONCELLOS asinen coa XUNTA DE GALICIA, e a propiedade dos bens “comisados” para os que inicialmente se estableceu que terían que estar nun Fondo de xestión da biomasa (Art.22 bis), fondo que a XUNTA eliminou ao entregar o negocio a SEAGA. A entrada de SEAGA e a eliminación do fondo fíxose coa Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas que entrou en vigor o 01.01.2020. Antes desta data a empresa SEAGA non estaba incluída na Lei 3/2007 e por certo incluíuse describíndoa como “entidade do sector público autonómico” cando é unha empresa con ánimo de lucro.

SEAGA accede ás leiras para facerse coa madeira que ten valor comercial, non a xestionar a biomasa. Evidénciase ao ver como deixan as leiras coa ramallo tirada e os cotos dos que brotan as especies cortadas, aumentando a biomasa e o risco de incendio que din querer previr coa EXECUCIÓN SUBSIDIARIA.